Aviso legal

“Saúde Mental Feafes Galicia- Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia” (Saúde Mental FEAFES Galicia), responsable do sitio web, en adiante tamén o “Responsable”, pon a disposición das persoas usuarias o presente documento, co que pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), BOE Nº 166, así como informar a todas as persoas usuarias do sitio web sobre cales son as condicións de uso.

O presente documento ten por obxecto regular as condicións xenerais polas que se rexe a presente páxina web, tendo toda persoa que acceda a este sitio web a consideración de persoa usuaria, comprometéndose á observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí contidas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación. Por iso, vostede debe ler atentamente tanto estas condicións como as que regulan as distintas páxinas, apartados ou formularios, así como a política de privacidade e a política de cookies, aceptando dese modo o sometemento ás mesmas cada vez que aceda a esta páxina web. No caso de non estar dacordo con calquera das condicións aquí establecidas, non deberá facer uso da mesma.

Saúde Mental FEAFES Galicia resérvase o dereito de modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista obriga de preavisar ou poñer en coñecemento das persoas usuarias ditas obrigas, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web empregofeafes.org.

1. DATOS IDENTIFICATIVOS

• Nome do dominio: empregofeafes.org
• Nome comercial: Saúde Mental FEAFES Galicia
• Denominación social: Saúde Mental Feafes Galicia- Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia
• NIF: G-15545353
• Domicilio social: Rúa Belgrado, nº 1 Baixo. 15707 Santiago de Compostela. Galicia. España
• Teléfono: 900 102 661
• E-mail: datos@feafesgalicia.org

2. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O sitio web, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo, a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, son propiedade de WordPress ao formar parte esta web dun sistema de xestión de contidos administrado pola devandita empresa. Sen embargo, os logotipos, textos e/ou gráficos, son propiedade da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia ou, se é o caso, esta dispón de licencia e autorización expresa por parte dos autores. Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes.

Independentemente da finalidade para a que foran destinados, a reprodución total ou parcial, uso, explotación, distribución e comercialización, require en todo caso da autorización escrita previa por parte do Responsable. Calquera uso non autorizado previamente considerarase un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.

Os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos que non sexan propiedade de Saúde Mental FEAFES Galicia e que poidan aparecer no sitio web, pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo eles mesmos responsables de calquera posible controversia que poida suscitarse respecto dos mesmos. O Responsable autoriza expresamente a que terceiros poidan redirixir directamente os contidos concretos do sitio web, e en todo caso redirixir ao sitio web principal empregofeafes.org.

O Responsable recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade intelectual e industrial, non implicando a súa sola mención ou aparición no sitio web a existencia de dereitos ou responsabilidade algunha sobre os mesmos, como tampouco respaldo, patrocinio ou recomendacións por parte do mesmo.

Para realizar calquera tipo de observación respecto os posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual e industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web, pode facelo a través do correo electrónico datos@feafesgalicia.org.

3. EXENCIÓN DE RESPONSABILIDADES

Saúde Mental FEAFES Galicia exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información publicada no seu sitio web sempre que esta información fose manipulada e introducida por un terceiro.

Emprego de Cookies

Para máis información sobre as cookies que empregamos nesta páxina web, acceda ao enlace “Política de cookies”.

Política de enlaces

Desde o sitio web, é posible que se redirixa a contidos de terceiros sitios web, tales como redes sociais (Facebook, Twitter). Dado que Saúde Mental FEAFES Galicia non pode controlar sempre os contidos introducidos polos terceiros nos seus respectivos sitios web, non asume ningún tipo de responsabilidade respecto a ditos contidos. En todo caso, procederá á retirada inmediata de calquera contido que poida contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública, procedendo á retirada inmediata da redirección ó devandito sitio web, poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión.

Saúde Mental FEAFES Galicia non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, chats, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web do Responsable. Sen embargo, e en cumprimento do disposto nos artigos 11 e 16 da LSSICE, Saúde Mental FEAFES Galicia ponse a disposición de todas as persoas usuarias, autoridades e forzas de seguridade, colaborando de forma activa na retirada ou, no seu caso, bloqueo de todos aqueles contidos que poidan afectar ou contravir a lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde pública. No caso de que a persoa usuaria considere que existe no sitio web algún contido que poida ser susceptible desta clasificación, rogamos que o notifique de forma inmediata ao administrados do sitio web.

Este sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente. En principio, pode garantirse o correcto funcionamento os 365 días do ano, 24 horas ao día. Sen embargo, o Responsable non descarta a posibilidade de que existan certos errores de programación, ou que acontezan causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web.

Direccións IP

Unha dirección IP é un número asignado automaticamente a un ordenador cando este se conecta á Internet. Os servidores do sitio web poderán detectar de maneira automática a dirección IP e o nome do dominio utilizados pola persoa usuaria.

4. LEI APLICABLE E XURISDICCIÓN

Para a resolución de todas as controversias e cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais que se atopen máis preto de Santiago de Compostela.