En Saúde Mental FEAFES Galicia desenvolvemos unha serie de programas coa fin de facilitar o acceso ao emprego ás persoas con problemas de saúde mental, ofrecendo información, asesoramento e apoio á inserción laboral a través de accións de orientación, formación, intermediación laboral coas empresas e apoio para a consecución e o mantemento do posto de traballo.
Estes son algúns dos programas que Saúde Mental FEAFES Galicia desenvolve neste eido:
- Programa Integrado de Emprego
- Programa de Emprego
- Programa de Inclusión Social
- Posta a Punto para o Emprego