Política de privacidade

1. INFORMACIÓN Á PERSONA USUARIA

“Saúde Mental Feafes Galicia- Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia” (Saúde Mental FEAFES Galicia), en adiante o Responsable, é o responsable do tratamento dos datos persoais da persoa usuaria do presente sitio web, o cal lle informa que estes datos serán tratados de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (RGPD) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), polo que lle facilitamos a seguinte información:

A finalidade que se persegue co tratamento é xestionar as solicitudes de información efectuadas polas persoas interesadas a través dos números de teléfono, enderezos ordinarios e electrónicos, ou redes sociais que son proporcionadas por medio desta páxina web.

Base xurídica do tratamento: a satisfacción dun interese lexítimo perseguido polo Responsable do tratamento, como é dar resposta ás interaccións que as persoas usuarias realicen a través das diferentes formas de contacto proporcionadas por medio desta web.

Criterios de conservación dos datos: conservaranse mentres sexan necesarios para alcanzar a finalidade para a que son tratados. Cando xa non sexa necesario tal fin, suprimiranse con medidas de seguridade axeitadas para garantir a seguridade dos datos e a destrución total dos mesmos.

Comunicación dos datos: Non se comunicarán os datos a terceiros, salvo para dar cumprimento a unha obriga legal.

Dereitos que asisten á persoa usuaria:

• Dereito a retirar o consentimento en calquera momento.
• Dereito de acceso, rectificación, potabilidade e supresión dos seus datos e á limitación ou oposición ao seu tratamento.
• Dereito a presentar una reclamación ante a autoridade de control (www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta á normativa vixente.

Datos de contacto para exercitar os seus dereitos:

• Dirección postal: Rúa Belgrado 1, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)
• Email: datos@feafesgalicia.org

2. CARÁCTER OBRIGATORIO OU FACULTATIVO DA INFORMACIÓN FACILITADA POLA PERSOA USUARIA

As persoas usuarias, mediante o establecemento de comunicacións con Saúde Mental FEAFES Galicia a través de calquera das canles facilitadas a través desta páxina web (teléfono, enderezo, correo electrónico, redes sociais, etc.) aceptan expresamente e de forma libre e inequívoca que os seus datos son necesarios para atender a súa petición. A persoa usuaria garante que os datos persoais facilitados a Saúde Mental FEAFES Galicia son veraces e faise responsable de comunicar calquera modificación dos mesmos.

O Responsable informa e garante expresamente ás persoas usuarias que os seus datos persoais non serán cedidos a terceiros, salvo para o cumprimento dunha obriga legal, e que sempre que realice algún tipo de cesión de datos persoais, pedirá previamente o consentimento expreso, informado e inequívoco por parte da persoa usuaria afectada. En caso de que non sexan facilitados todos os datos necesarios, non se garante que a información e servizos facilitados sexan completamente axustados ás súas necesidades.

3. MEDIDAS DE SEGURIDADE

Que de conformidade co disposto nas normativas vixentes en protección de datos persoais, o Responsable está cumprindo con todas as disposicións das normativas vixentes para o tratamento de datos persoais, incluídos os principios descritos no artigo 5 do RGPD, e polos cales os datos son tratados de maneira lícita, leal e transparente en relación coa persoa interesada e axeitados, pertinentes e limitados ao necesario en relación cos fins para os que son tratados.

Saúde Mental FEAFES Galicia garante que foron incorporadas políticas técnicas e organizativas axeitadas para aplicar as medidas de seguridade que establece o RGPD coa finalidade de protexer os dereitos e liberdades das persoas usuarias e que lles comunicou a información axeitada para que poidan exercelos.