Para empresas

FEAFES  Galicia pon a disposición das empresa unha rede de técnicos de orientación laboral, preparadores e prospectores de emprego, distribuídos polas principais cidades galegas e que traballan cunha bolsa de emprego de 2.287 demandantes en toda Galicia. Somos Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego dende o ano 2002 e Axencia de Colocación dende o 2013.

OFRECEMOS ÁS EMPRESAS:

  • Análise de postos de traballo
  • Selección de candidatos axustada ó perfil do posto
  • Formación a medida na empresa a través das prácticas non laborais
  • Apoio e seguimento para o mantemento do posto de traballo

INFORMAMOS E ASESORAMOS SOBRE:

  • Axudas e subvencións
  • Bonificacións. Para máis información, pincha aquí.
  • Como acreditarse para cumprir coa RSC. Se queres ser unha empresa Socialmente Responsable temos a información que precisas aquí.

De xeito complementario, desenvolvemos programas de emprego como o “Programa de Emprego con Apoio”, financiado pola Consellería de Política Social e do que as empresas poden beneficiarse. Tamén temos a disposición de todos os nosos colaboradores un Servizo de Asesoramento Xurídico para dar resposta a posibles dúbidas ou cuestións de carácter legal.

E se tes dúbidas ou precisas máis información, non dubides en contactar connosco aquí.

Advertisements