O programa Integrado arrinca un ano máis

IMG_7383

Un ano máis, FEAFES Galicia pon en marcha o Programa Integrado de Emprego EM-Prégate IV, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, que ten como obxectivo facilitar a inserción laboral dos seus participantes.

Esta semana iniciáronse as accións en Santiago e Ourense a través dun encontro en cada unha das delegacións, onde os técnicos facilitaron información sobre o programa, os seus obxectivos, as súas especifidades, resolveron dúbidas, etc. Ademais, facilitouse tamén unha primeira cohesión grupal entre os participantes.

No caso de Santiago, a presentación tivo lugar o 31 de xaneiro e a ela acudiron 12 participantes do programa. En Ourense, pola súa banda, o encontro celebrouse o 1 de febreiro cunha participación de 11 persoas.

Advertisements

Formación en materia de igualdade

Estamos a rematar cos obradoiros do “punto formativo de inclusión sociolaboral para persoas con enfermidade mental”, e fixémolo cun de 12 horas dedicado a informar e concienciar sobre igualdade e inclusión social.

Este obradoiro está en marcha en A Coruña, Lugo, Santiago e Ourense, mentres que en Vigo realizarase a vindeira semana e rematará o 16 de novembro. No taller de igualdade e inclusión social, os participantes poderán sensibilizarse e concienciarse en materia de igualdade de oportunidades para promover unha reflexión que redunde nun cambio de actitudes e valores no ámbito formativo, laboral e social.

Na imaxe, Rocío Megía Ballesteros imparte esta formación aos oito participantes do programa en Lugo. Este programa está cofinanciado pola Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER ou FSE Galicia 2014-2020.

20171106_102726

Máis preto das novas tecnoloxías

As últimas semanas, os participantes do Programa de Inclusión Social das distintas cidades galegas estiveron a achegarse un pouquiño máis ás novas tecnoloxías a través de obradoiros de alfabetización dixital.

Nestes talleres, os alumnos aprenderon a utilizar as TICs como ferramentas útiles no seu proceso de inclusión sociolaboral, ademáis de adquirir destrezas básicas no emprego de programas informáticos para manexar a información e mellorar as súas posibilidades de inserción sociolaboral.

En Lugo, estes obradoiros rematan hoxe, 3 de novembro, e no resto de delegacións xa finalizaron.

20171025_133152

Xestión da economía doméstica

IMG_20170918_120800

Como levar unha alimentación saudable? E unha adecuada xestión económica na casa? Cuestións como estas foron abordadas no obradoiro de xestión da economía doméstica enmarcado dentro do punto formativo do Programa de Inclusión Social.

Este programa, cofinanciado pola Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo, trata de dar resposta á situación pola que atravesan as persoas con problemas de saúde mental en Galicia, atendendo as súas necesidades específicas e facilitando o apoio social necesario para a súa correcta inclusión e reinserción sociolaboral.

A xornada formativo tivo lugar os días 18 e 22 de outubro en Lugo e estivo impartida por Nuria Fernández, Lara López e Patricia Vázquez. O mesmo obradoiro realizouse tamén nas delegacións de Santiago e Ourense, estando prevista a súa próxima celebración en Vigo e A Coruña.

FreshCut vista dende dentro

O pasado luns 28 de agosto, 7 participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental de Vigo visitaron a empresa FreshCut situada no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo.

Durante a hora e media que estiveron alí, os visitantes coñeceron as entrañas da empresa, dende o gran almacén con diferentes cámaras frigoríficas para a conservación dos alimentos ata o obrador onde se preparan os produtos, pasando polo proceso de entrada e saída da mercancía e os diferentes postos de traballo. Ademáis, tamén aprenderon pequenos trucos para a conservación de froita, verduras e hortalizas.

IMG-20170829-WA0002   IMG-20170829-WA0001

Esta visita foi posible grazas á colaboración e implicación de Juan Andonegui, responsable de Recursos Humanos, e de Beatriz Ens, responsable de produción. Ademais, os membros de FEAFES Galicia estiveron acompañados tamén por Eusebio Méndez durante o seu paso polas instalacións da compañía.

FreshCut é unha empresa socialmente comprometida, que fomenta a integración social mediante a inserción laboral de colectivos con dificultades de acceso ao emprego. Neste senso, a empresa conta con máis do 80% de persoal con discapacidade, altamente formado para desempeñar todos os traballos requiridos.

Visita a Decathlon en Vigo

IMG_7200

O pasado 9 de agosto, os participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental de Vigo tiveron a oportunidade de coñecer dende dentro a empresa Decatlon, situada no Parque Comercial Meixueiro.

Esta visita realizouse a través da colaboración de Tania Martínez, responsable do Departamento de Administración de Persoal, e de Gerard Cabré, director da tenda. Durante o encontro, Gerard e outros tres compañeiros explicaron o proceso de selección de persoal, os valores que buscan nos traballadores, en que consisten os distintos postos de traballo e que funcións se desempeñan neles, etc.

Grazas a esta visita, os demandantes de emprego puideron coñecer un pouquiño mellor a xestión de recursos humanos dunha gran empresa como Decathlon.

Arroupa, unha empresa vista dende dentro

IMG_6520

O pasado 14 de xullo, un grupo de participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental de Santiago de Compostela tiveron a oportunidade de coñecer dende dentro as instalacións de Arroupa, unha empresa de recollida, reciclaxe e suministro de roupa.

Para iso visitaron a nave que ten a empresa no Polígono do Tambre, onde os traballadores reciben, clasifican e distribúen a mercancía. Os visitantes puideron ver de primeira man o funcionamento da nave e as dinámicas de traballo, do mesmo xeito que lles informaron sobre a xestión da empresa e os procesos de selección de personal.

IMG_6504  IMG_6509

A continuación, os participantes do Programa de Emprego visitaron a tenda de Arroupa na Rúa Casas Reais nº6 para ver como se organiza e xestiona o traballo no punto de venda. Grazas a esta visita, os usuarios de FEAFES Galicia puideron coñecer o funcionamento interno dunha empresa, os procesos de produción e venda, a xestión de recursos humanos e os procesos de selección de personal.