Queremos compartir convosco unha serie de experiencias, declaracións, vídeocurrículums e outras ferramentas audiovisuais relacionadas coa busca de emprego e a consecución dun posto de traballo por parte de persoas con problemas de saúde mental.
Campaña EMPRÉGANOS
O Comité en Primeira Persoa de Saúde Mental FEAFES Galicia presenta a campaña EMPRÉGANOS para sensibilizar e concienciar ao empresariado sobre a contratación de persoas con problemas de saúde mental.
VI Xornadas de Saúde Mental e Emprego
Durante moitos anos no mes de decembro, Saúde Mental FEAFES Galicia organizou unhas Xornadas sobre Saúde Mental e Emprego. Esta foi a noticia que emitiu a TVG nos informativos locais de Pontevedra sobre a VI edición deste encontro.
Vídeo Cv Sergio Blanco
Sergio Blanco, membro do Club de Emprego de FEAFES Vigo, é estilista e personal shopper. Está interesado en atopar emprego como asesor de moda ou na atención ó cliente, polo que fixo este Vídeo Cv para darse a coñecer!
Vídeo Cv Marcos Antonio Prado
Un dos membros do Club de Emprego de FEAFES Lugo preséntanos este Vídeo Cv no que nos conta a súa paixón e experiencia no ámbito dos deportes e do ocio e tempo libre. Se hai algunha empresa buscando a alguén con este perfil, aquí tendes o Vídeo Cv de Marcos Antonio!
Vídeo Cv Ana Belén García
Ana Belén García, membro do Club de Emprego de FEAFES Santiago, é licenciada en Traballo Social e posúe formación e experiencia no campo da xerontoloxía e da atención a persoas con discapacidade. Está desexando traballar e por iso fixo este Vídeo Cv!
Vídeo Cv José Manuel Nieto
Este membro do Club de Emprego de FEAFES Santiago atreveuse a poñerse diante das cámaras para convencer ós empresarios de que é a persoa axeitada para un posto de márketing ou administración de empresas; este é o resultado do seu Vídeo Cv!
Vídeo Cv Natalia Sánchez
Natalia é licenciada en Ciencias Empresariais e ten un nivel alto de francés e inglés, ademáis de posuír numerosos cursos e experiencia relacionada coa súa profesión. No Club de Emprego de FEAFES Coruña realizou este Vídeo Cv para darse a coñecer e amosar as súas competencias laborais.
Vídeo Cv Alfredo Eiras
Alfredo, membro do Club de Emprego de FEAFES Lugo, é enxeñeiro agrónomo e enxeñeirotécnico agrícola. Gustaríalle traballar en ámbitos relacionados cos seus estudos e co medio ambiente, bótalle unha ollada ao seu Vídeo Cv!