Saúde Mental FEAFES Galicia leva a cabo o Programa Integrado de Emprego FEAFES 2019/20, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, que ten como obxectivo facilitar a inserción laboral dos seus participantes. Isto lógrase a través das seguintes actuacións:
- Acción de información e orientación na busca de emprego.
- Itinerarios personalizados de inserción.
- Accións formativas.
- Prospección no mercado laboral.
- Intermediación laboral.
- Sensibilización no tecido empresarial.
- Apoio para o mantemento do posto de traballo.
De xeito complementario, levamos a cabo unha serie de medidas transversais ó longo de todo o programa como:
- Atención sociofamiliar.
- Medidas de conciliación.
- Asesoría xurídica.
- Acceso ó club de ocio e lecer.
Co obxectivo de axudar ós nosos participantes a acadar un emprego, durante o desenvolvemento do programa lévanse a cabo distintas accións de mellora da empregabilidade. A continuación detallamos os diversos obradoiros que estamos a realizar.
1. TALLER DE MOTIVACIÓN E TÉCNICAS DE BUSCA ACTIVA DE EMPREGO (BAE)
Este obradoiro está destinado a:
- Aumentar o coñecemento sobre un mesmo e sobre o mercado laboral.
- Aprender técnicas para a busca de traballo, como o mantemento dunha actitude positiva.
- Ter unha orientación vocacional axustada.
- Obter ferramentas para a busca de emprego.
2. TALLER DE HABILIDADES SOCIAIS E LABORAIS
Destinado a dotar ós participantes das habilidades de relación necesarias para desenvolverse adecuadamente nun medio social e laboral normalizado.
3. TALLER DE NOVAS TECNOLOXÍAS (TICS) APLICADAS Á BUSCA DE EMPREGO
Destinado a adquirir un dominio axeitado das ferramentas que nos ofrecen as novas tecnoloxías, para así:
- Coñecer as súas funcionalidades.
- Estudar novos usos.
- Enfocalas dentro dun contexto de busca de emprego.
4. CLUB DE BUSCA DE EMPREGO
Creación dun punto de encontro presencial e virtual (blog) co obxectivo de intercambiar información, experiencias e impresións, constituíndo ó mesmo tempo un elemento motivador na busca de emprego e unha exposición de boas prácticas na inserción laboral.
5. CLUB DE EMPRENDEDORES
Creación dun lugar de encontro para todos aqueles participantes que compartan a idea de crear unha empresa ou darse de alta como autónomos. Trátase dun espazo onde poder obter información precisa para orientar e axudar ó emprendemento.
6. GRUPO DE FAMILIAS
O obxectivo do Grupo de Familias é dotar ós familiares de ferramentas e apoios para facilitar a inserción laboral e o mantemento do posto de traballo das persoas participantes neste programa.
7. EXPOSICIÓN DUN CASO PERSOAL EXITOSO
Contaremos coa experiencia narrada en primeira persoa dun traballador que poida asesorar sobre:
- Os pasos a seguir para a consecución dun traballo.
- O mantemento do mesmo.
- As habilidades fundamentais no mundo laboral.
- As dificultades a superar.
8. COLOQUIO “DEREITOS E DEBERES DOS TRABALLADORES”
Seminario orientado a coñecer tanto os dereitos que temos como traballadores, como as obrigas que temos en relación ó noso posto de traballo nunha empresa.
9. COLOQUIO “CONVENIOS LABORAIS”
Seminario destinado a coñecer os distintos tipos de acordos que se poden dar entre o empresario e os traballadores en relación ó desempeño dun posto de traballo.
10. COLOQUIO “CONTRATOS”
Seminario no que se dará información acerca das características dos contratos, das distintas modalidades que existen e demais cuestións de interese para os participantes.
11. VISITA GRUPAL A UNHA EMPRESA
Programaremos unha visita a unha empresa para achegarnos ó mundo empresarial e coñecer no terreo o seu funcionamento e organización.