O xoves 15 de maio, sete usuarios de FEAFES Lugo, dos cales 5 pertencen ó Programa Integrado de Emprego EM-Prégate, acudiron ás instalacións de Decatlhon para recibir unha charla sobre recursos humanos. Nela, a responsable de Auga, Saúde e Roller, Elena González, falou sobre o nacemento e a actividade que desenvolve a empresa, o perfil dos seus empregados, o tipo de entrevistas laborais que realizan, etc.
Resultou unha charla moi entretida e participativa, na que mesmo houbo un xogo de rol onde os participantes tiveron que enfrontarse a unha entrevista de traballo.
A continuación, a empresa organizou unha visita guiada polas súas instalacións durante a cal os visitantes puideron falar con cada un dos traballadores e preguntarlles acerca do seu posto e o seu perfil. Cabe destacar que FEAFES Galicia conta cun usuario traballando nas instalacións de Decatlon en Lugo realizando tarefas de vendedor.