As últimas semanas celebráronse en Santiago de Compostela unha serie de talleres no marco do Programa Integrado de Emprego EM-Prégate coa fin de achegar ós participantes ferramentas e coñecementos para mellorar o seu acceso ó mercado laboral.
O primeiro obradoiro, chamado “Motivación e Técnicas para a Busca Activa de Emprego”, tivo lugar do 13 ó 27 de outubro en horario de 10:00 a 14:00. Nel, os participantes puideron aumentar o coñecemento sobre si mesmos e sobre o mercado laboral, ter unha orientación vocacional axeitada, aprender técnicas para buscar traballo e obter ferramentas para facilitar este proceso.
O segundo dos obradoiros, que leva por nome “Habilidades Sociais e Laborais”, tivo lugar do 3 ó 14 de novembro e nel traballouse o concepto de asertividade e se facilitaron estratexias de resolución de conflitos, toma de decisións e consenso. Nestes talleres, os participantes tamén coñeceron novas estratexias para iniciar, manter e finalizar conversacións, para afrontar a hostilidade, facer e recibir críticas… en definitiva, traballaron a regulación emocional no ámbito social e laboral mediante distintas estratexias.
Coma sempre, os contidos se impartiron de forma moi práctica e os usuarios foron moi participativos e dinámicos, facendo destes obradoiros un espazo de intercambio de impresións nun ambiente cómodo e enriquecedor.