A Fundación CEL ábrenos as súas portas

IMG-20150410-WA0037Este xoves, os membros do Club de Emprego de FEAFES Lugo visitaron o viveiro de empresas da Fundación CEL coa fin de coñecer de primeira man como funciona dende dentro un proxecto deste tipo.

Os responsables da Fundación recibíronnos coas mans abertas e guiáronnos durante unha visita polas instalacións, grazas á cal puidemos coñecer como comezou a iniciativa e cal é o seu xeito de traballar.

visita lugoA continuación escoitamos a Hugo Iglesias, emprendedor que montou a axencia de viaxes online Miramar Cruises especializada na venda de cruceiros e que conta tamén cunha rede social para cruceiristas pioneira en toda Europa. Este proxecto forma parte da Fundación CEL dende fai tres anos e o ano pasado foi recoñecida por FEGAXE como mellor proxecto emprendedor de Galicia.

Para nós foi un pracer visitar a Fundación CEL e falar coa xente que a conforma, moitas grazas pola boa acollida e deica a próxima!

Deixar un comentario