Esta semana, os membros do Club de Emprego de FEAFES Santiago realizaron una visita ás instalacións da empresa de lavandería Ilunion – Flisa no marco do Programa Integrado de Emprego: Emprégate II 2014-2015.
En primeiro lugar, o director da empresa en Galicia, Rafael Pichel, fixo unha pequena introdución sobre qué é e en qué consiste Ilunion, e a continuación os usuarios tiveron a oportunidade de coñecer os métodos e procesos de selección de persoal que ten esta empresa de economía social da man da responsable de Recursos Humanos, Mª Jesús Castro.
A continuación, os membros do Club de Emprego fixeron un percorrido poñas instalacións para ver en directo o proceso polo que pasan as prendas dende que chegan á planta ata que se entregan de volta ós clientes. Isto inclúe a recepción de roupa sucia, a súa clasificación, o paso polas lavadoras e o túnel de lavado, o planchado e o posterior embalaxe para devolvelas limpas ós seus lugares de orixe.
Durante todo este percorrido, os visitantes estiveron acompañados por Rafael Pichel, que se encargou de guiar a visita e de explicar todo o proceso, así como de responder moi amablemente a todas as preguntas dos visitantes.