Durante a primeira quincena de febreiro, os membros do Club de Emprego de FEAFES Vigo estiveron a formarse durante 11 días nun curso de Motivación e Técnicas para a Busca de Emprego.
Nestas xornasdas, os usuarios puideron coñecer a situación do mercado de traballo e as características do emprego que busca cada participante, as competencias profesionais e persoais que precisan ter para acceder a ese traballo e as técnicas e recursos dos que dispón para logralo. Así, cada participante tivo a ocasión de elaborar un proxecto profesional e persoal para a propia inserción laboral.
A través de accións coma esta, o Programa Integrado de Emprego Em-Prégate pretende favorecer a integración sociolaboral das persoas con enfermidade mental mediante o deseño de itinerarios individualizados para cada unha delas.