Así de ben se entenden os membros do Club de Emprego de FEAFES Lugo coas novas tecnoloxías… Grazas ao curso que están a realizar no marco do Programa Integrado de Emprego Em-Prégate, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, estes usuarios están aprendendo a empregar axeitadamente as ferramentas que nos ofrecen as novas tecnoloxías para coñecer as súas funcionalidades, estudar novos usos e enfocalas nun contexto de busca de emprego.