O 19 de abril, os membros do Club de Emprego de FEAFES Vigo tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións do Centro Especial de Emprego FreshCut, nunha visita organizada dentro das actividades do Programa Integrado de Emprego Em-Prégate.
FreshCut é unha compañía dedicada á investigación, desenvolvemento, elaboración e comercialización de produtos derivados de froitas, verduras e hortalizas frescas. Na visita, contáronnos que estes produtos están destinados a satisfacer as necesidades dos distintos mercados dun xeito sán e equilibrado, facendo uso de ingredientes naturais e sen aditivos procedentes das mellores hortas.
Ademais, tivemos a oportunidade de comprobar que FreshCut é unha empresa comprometida socialmente, pois fomenta a integración social mediante a inserción laboral de colectivos en especial situación de vulnerabilidade. Neste senso, FreshCut cuenta con máis dun 80% de personal con discapacidade altamente formado, entre o que se atopan dous usuarios de FEAFES Galicia que pertencen ao Programa Integrado de Emprego.