Escoitamos un caso de éxito

O pasado 25 de maio, os participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a causa de Enfermidade Mental de Lugo puideron escoitar, de primeira man, o caso persoal dun compañeiro que conseguiu un emprego o ano pasado a través do mesmo programa.

Trátase de Miguel Ángel, usuario de FEAFES Lugo, que lles contou a súa experiencia de inserción laboral. Con este encontro, preténdese motivar aos actuais participantes no programa e axudarlles a identificar e valorar as competencias técnicas, sociais e laborais adquiridas ao longo dos últimos meses. Igualmente, a través desta charla tamén se pon en valor o traballo de prospección e intermediación laboral realizado co entorno empresarial.

20170525_101054

Ademais deste coloquio con Miguel Ángel, o día anterior os participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a causa de Enfermidade Mental de Lugo tamén tiveran a ocasión de escoitar a Andrea Calero Fernández, Directora de Delegación de Adecco. Nesta charla explicouse o funcionamento desta empresa, así como os diferentes procesos selectivos e métodos de selección que se levan a cabo nela.

20170524_164003

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s