O pasado 14 de setembro, un grupo de 5 usuarios en busca activa de emprego pertencentes a Saúde Mental FEAFES Ourense, estiveron aprendendo unha serie de nocións básicas relacionadas coa creación dunha empresa.
Tratouse dunha charla organizada no marco do Programa Integrado de emprego EM-PRÉGATE IV, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.
Ao longo das 3 horas que durou a xornada, realizada en La Molinera, os participantes puideron adquirir nocións sobre os nichos de mercado, tipos de empresas que existen, subvencións e axudas para a súa creación, fiscalidade ou documentación e xestión necesaria para este proceso.