O venres 9 de maio, o Director da ETT Nortempo de Vigo-Porriño, Eduardo Adán Camiña, estivo cos participantes do Plan Integrado de Emprego EM-Prégate de Vigo para explicarlles o funcionamento das empresas de traballo temporal, os perfiles máis demandados, que aspectos hai que ter en conta á hora de presentar unha candidatura, etc. Ademais, Adán Camiña respondeu moi amablemente todas as dúbidas que lles presentaron os participantes, moitas grazas!
Autor/a: feafesgalicia
Visita para os participantes do Plan Integrado de Vigo
Dinámica de grupo: A Illa Deserta
Como parte das distintas actividades que estamos a levar a cabo no noso Club de Emprego, en Santiago dedicamos a terceira sesión do mesmo ás dinámicas de grupo que podemos atopar nos procesos de selección de persoal.
Despois dunha descrición das dinámicas, de ver os distintos tipos que existen, o obxectivo destas e as recomendacións para afrontalas dunha maneira axeitada, realizamos a dinámica de grupo da “Illa Deserta” e comentamos despois unha serie de conclusións.
Plantexamos o suposto naufraxio do grupo e a necesidade de organizarse para resolver os problemas que se aveciñaban para as próximas tres semanas. Entregamos o plano da illa e unha ilustración co material do que dispoñían os náufragos: un baúl e os restos do naufraxio.
A dinámica consistía en planificarse para lograr unha serie de obxectivos indicados: o recoñecemento da Illa, a supervivencia (para o cal necesitabamos alimentos e auga), a organización do traballo, o lugar e a forma de vida, a postura fronte á tribo e a resposta ante posibles inimigos.
Aquí vos vai unha mostra dos fantásticos SUPERVIVENTES!!!
Estrenamos blog!
O Club de busca de emprego de FEAFES Galicia ten o pracer de informarvos de que xa contamos cun blog no que compartir as nosas experiencias! A partir de agora, convertiremos este espazo nun lugar no que intercambiar experiencias, recursos, ideas e boas prácticas para lograr unha maior integración laboral das persoas con enfermidade mental. COMEZAMOS!











