Falamos cun empresario

O venres 9 de maio, o Director da ETT  Nortempo de Vigo-Porriño, Eduardo Adán Camiña, estivo cos participantes do Plan Integrado de Emprego EM-Prégate de Vigo para explicarlles o funcionamento das empresas de traballo temporal, os perfiles máis demandados, que aspectos hai que ter en conta á hora de presentar unha candidatura, etc. Ademais, Adán Camiña respondeu moi amablemente todas as dúbidas que lles presentaron os participantes, moitas grazas!

10259212_753409838012846_4683408041028904145_o

Dinámica de grupo: A Illa Deserta

Como parte das distintas actividades que estamos a levar a cabo no noso Club de Emprego, en Santiago dedicamos a terceira sesión do mesmo ás dinámicas de grupo que podemos atopar nos procesos de selección de persoal.

Despois dunha descrición das dinámicas, de ver os distintos tipos que existen, o obxectivo destas e as recomendacións para afrontalas dunha maneira axeitada, realizamos a dinámica de grupo da “Illa Deserta” e comentamos despois unha serie de conclusións.

Plantexamos o suposto naufraxio do grupo e a necesidade de organizarse para resolver os problemas que se aveciñaban para as próximas tres semanas. Entregamos o plano da illa e unha ilustración co material do que dispoñían os náufragos: un baúl e os restos do naufraxio.

Plano Sin título

A dinámica consistía en planificarse para lograr unha serie de obxectivos indicados: o recoñecemento da Illa, a supervivencia (para o cal necesitabamos alimentos e auga), a organización do traballo, o lugar e a forma de vida, a postura fronte á tribo e a resposta ante posibles inimigos.

Aquí vos vai unha mostra dos fantásticos SUPERVIVENTES!!!

imagen dinámica

photo1

photo2
photo6

photo9

photo11

photo22

Estrenamos blog!

Blog Quote BubbleO Club de busca de emprego de FEAFES Galicia ten  o pracer de informarvos de que xa contamos cun blog no que compartir as nosas experiencias! A partir de agora, convertiremos este espazo nun lugar no que intercambiar experiencias, recursos, ideas e boas prácticas para lograr unha maior integración laboral das persoas con enfermidade mental. COMEZAMOS!