Visita á Fundación CEL

O pasado 20 de abril, a Fundación CEL Iniciativas por Lugo abriu as súas portas aos membros do Club de Emprego de FEAFES Lugo para ensinarlles o seu traballo e falarlles de emprendemento.

4   6

Esta fundación é unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1997 no seo da Confederación de Empresarios de Lugo e ten como obxectivo fundamental o fomento do espírito emprendedor na provincia respaldando proxectos empresariais dende os seus inicios ata a súa consolidación, facilitando a labor dos mozos emprendedores nos seus primeiros pasos.

Para iso, a Fundación CEL facilita un apoio integral ao emprendedor buscando espazos físicos para a ubicación do proxecto empresarial, ofrecendo tutelaxe nos trámites para a posta en marcha da empresa, asesoría xurídica, laboral e fiscal ou formación.

9   2

A Fundación CEL, ademais, ten entre os seus obxectivos favorecer a inserción laboral de colectivos con especiais dificultades de acceso ao emprego a través da fórmula do autoemprego. Neste senso, a fundación colabora con FEAFES Galicia no impulso de accións formativas e informativas sobre autoemprego dirixidas a persoas con enfermidade mental, familiares e profesionais, entre outras accións.

Eulen explícanos o proceso de selección de persoal

IMG-20160401-WA0004

O Club de Emprego de FEAFES Lugo tivo a oportunidade de coñecer, grazas á visita de dúas profesionais de Eulen Flexiplan, como é o proceso de selección de persoal nunha empresa. Ángeles Labra Rodríguez, Directora de Flexiplan en Lugo e Pontevedra, e María Sánchez-Harguindey, Coordinadora Técnica Flexiplan Zona Noroeste, explicaron aos usuarios de FEAFES que ferramentas poden empregar para buscar emprego ou como deben facer un bo CV e unha carta de presentación.

En canto á selección de persoal, as compañeiras de Eulen falaron sobre como preparar as probas, de que fases constan, que tipos de entrevistas distintas existen, posibles preguntas e respostas, como afrontar con éxito unha entrevista de traballo e ou que consellos prácticos podemos poñer en marcha.

Ademáis, Ángeles e María comentaron cales son as profesións máis demandadas e como está o mercado de traballo na provincia de Lugo, ademáis de indicar que é o que máis valora unha empresa á hora de seleccionar a un candidato.

Coñecendo e achegándose ás TICs

Así de ben se entenden os membros do Club de Emprego de FEAFES Lugo coas novas tecnoloxías… Grazas ao curso que están a realizar no marco do Programa Integrado de Emprego Em-Prégate, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, estes usuarios están aprendendo a empregar axeitadamente as ferramentas que nos ofrecen as novas tecnoloxías para coñecer as súas funcionalidades, estudar novos usos e enfocalas nun contexto de busca de emprego.

DSC00316   DSC00319

Realizando prácticas en empresas

IMG-20160225-WA0002 - copiaEntre as accións levadas a cabo ao amparo do Programa Integrado de Emprégo Em-Prégate cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, está o achegamento dos demandantes de emprego ao mundo laboral.

Unha das fórmulas para facelo é a realización de prácticas en empresas, a través das cales os demandantes poden coñecer de primeira man o funcionamento dunha compañía e os requerimnentos concretos dun posto de traballo. A empresa, pola súa banda, ten a posibilidade de comprobar as competencias dunha persoa nun posto determinado, puidendo valorar despois a posibilidade de contratala.

Pilar, por exemplo, está a realizar prácticas nunha empresa de limpeza en Lugo.

Novas tecnoloxías e busca de emprego

tics integrado coruña 01-16

No marco do Programa Integrado de Emprego EM-Prégate, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e que ten como obxectivo facilitar a inserción laboral de persoas con enfermidade mental, FEAFES Galicia desenvolve unha serie de obradoiros para que os seus usuarios aprendan a empregar as novas tecnoloxías na busca de emprego.

Na delegación de Coruña, estes obradoiros realizáronse entre o 25 e o 29 de xaneiro na aula Cemit do Centro Cívico de Eirís, coa fin de que os participantes puideran achegarse ó coñecemento das TICs e espremer ó máximo as súas potencialidades á hora de buscar un traballo.

Algunhas das cousas que aprenderon os membros do Club de Emprego de Coruña foi a utilizar diferentes ferramentas da Internet para compartir e enviar documentos, familiarizarse con distintos portais de busca de emprego e coñecer os recursos que existen na rede que poden facilitar a busca dun traballo.

Inserción laboral en primeira persoa

A inserción laboral de persoas con enfermidade mental é posible, e para demostralo, o testemuño de José serviu de inspiración para os compañeiros do Programa Integrado de Emprego Em-Prégate de Lugo.

Este usuario, participante deste programa o ano pasado, traballa no Museo Provincial de Lugo a través dunha intermediación laboral realizada por FEAFES Galicia. O pasado día 10 de febreiro estivo nas oficinas de FEAFES Lugo para contar aos seus compañeiros a súa experiencia e intercambiar impresións sobre o proceso de inserción laboral.

Caso éxito Integrado - José Lugo (4)   Caso éxito Integrado - José Lugo (3)

Visita ao xigante do imperio téxtil

DSC_0056O 12 de febreiro, seis membros do Club de Emprego de Coruña tiveron a oportunidade de mergullarse de cheo nun dos principais distribuidores de moda do mundo, que conta con 8 formatos comerciais e máis de 6.700 tendas nos cinco continentes.

Estamos a falar de Inditex, cuxa sede atópase dende os seus inicios na localidade coruñesa de Arteixo. Os participantes que tiveron a oportunidade de coñecer esta empresa aprenderon como se realiza o proceso completo de elaboración das prendas e produtos de Zara, dende o seu deseño ata a colocación en tenda, pasando pola elaboración, distribución, almacenaxe, etc.

Neste senso, os visitantes observaron os distintos perfís laborais que se valoran na empresa para cubrir os diversos e variados postos de traballo.

Esta acción enmárcase dentro do Programa Integrado de Emprego Em-Prégate que, ademais da traballar na capacitación laboral dos seus participantes, tamén pretende que coñezan de primeira man a realidade laboral de distintas empresas.