Proximamente, os participantes do Programa Integrado de Emprego de A Coruña terán a oportunidade de coñecer dende dentro como funciona Coca-Cola grazas a unha visita guiada pola fábrica que ten a empresa na Coruña.
Na visita, con data pendente de confirmación, os usuarios de FEAFES serán guiados polas instalacións, recibindo despois unha charla formativa impartida polo Departamento de Recursos Humanos.