Última sesión do Club de Emprego de Santiago

imageEsta semana, os participantes do Club de Emprego de Santiago deron por concluídas as súas reunións, quedando pendente tan só a visita grupal a unha empresa.  Con isto, damos por finalizado o Programa Integrado de Emprego EM-Prégate 2013 na delegación compostelana de FEAFES Galicia.

Como de costume, os participantes do Club compartiron cos seus compañeiros as distintas ofertas de emprego das que tiñan coñecemento e consultaron o boletín de ofertas da Axencia Local de Colocación. A continuación, realizaron unha dinámica para avaliar o traballo realizado polo Club de Emprego durante este tempo, para o cal dividíronse en distintas mesas de traballo e trataron de respostar as seguintes preguntas:

  • Que vos aportou o traballo en grupo?
  • Que conseguiches grazas ós encontros que tivemos?
  • Que habilidades novas tes agora que antes non tiñas?
  • Que conseguiches ou imaxinas conseguir para que pagase a pena estar aquí?
  • Di algo bonito que che fixo sorrir durante os obradoiros

IMG_0825Despois de traballar estas preguntas por grupos, os participantes comentaron en alto as apreciacións comúns e expuxeron as súas sensacións sobre as sesións realizadas ó longo do curso. A continuación, fixeron gala da súa creatividade elaborando un slogan que representase todas as ideas: “Volver a sentirnos integrados e parte de algo”.

A sesión rematou recordando que aínda que as reunións grupais do Club de Emprego chegan á súa fin, o espírito de grupo pode continuar, e os seus membros poden manterse en contacto para axudarse mutuamente no camiño cara a consecución dun emprego. Os participantes propuxeron ideas de cousas que poden facer xuntos e intercambiaron os seus números de teléfono para manterse en contacto.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s