Ó longo dos últimos meses, os membros dos distintos Clubs de Emprego de FEAFES Galicia estiveron a aprender diversas técnicas para facilitar a consecución dun traballo, compartindo experiencias relacionadas coa procura de emprego e adquirindo habilidades para desenvolverse mellor no mundo laboral.
Entre os obradoiros que fixeron, estivo a realización dun Vídeo Cv coa fin de adaptarse ás novas tecnoloxías e ó novo contexto de contratación laboral, no que o mercado é cada vez máis esixente e os demandantes de emprego deben aprender diferenciarse do resto demostrando a súa valía e creatividade.
Para elaborar os seus Vídeo Cvs, os participantes realizaron primeiro unha fase previa de revisión, análise e valoración do seu percorrido académico, laboral e formativo, ademais de analizar as súas cualidades persoais e definir os seus obxectivos laborais. A continuación, elaboraron o guión do que sería o seu Vídeo Cv e, unha vez ensaiado, enfrontáronse á cámara.
Se queres visualizar os Vídeo Cvs dos membros do Club de Emprego, podes entrar no apartado Vídeos deste blog ou visitar a canle de Youtube de FEAFES Galicia.