Oito demandantes de emprego de FEAFES Lugo tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo que se realiza en Kiabi, unha empresa dedicada á venda de roupa, calzado e complementos para toda a familia. A visita pola tenda lucense comezou ás 9h, antes de que as instalacións abrisen ó público, e os usuarios foron recibidos pola responsable da tenda e pola directora de Kiabi Lugo.
En primeiro lugar, fixéronlles unha presentación sobre a compañía explicando os seus valores, o funcionamento da empresa, a competitividade no mercado, as tendas… e a continuación explicáronlles como elaborar un Currículo Vitae co perfil axeitado para os postos de traballo que ofertan alí. A formación rematou cunha serie de pinceladas sobre como enfrontarse a unha entrevista de traballo e como elaborar unha carta de presentación, información moi útil para os demandantes de emprego.
Para rematar a visita con bo sabor de boca, Kiabi convidou ós compañeiros de FEAFES Lugo a un rico almorzo no que houbo café, zumes, galletas, bollería… foi unha visita moi produtiva e saborosa!