A partir de febreiro, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acollerá os mércores de 12h a 14h os obradoiros do Club de Emprego de FEAFES Santiago orientados á busca dun traballo.
Nestes talleres crearase un punto de encontro presencial que terá como obxectivo intercambiar información, experiencias e impresións entre os participantes, así como ampliar as súas habilidades relativas á busca de emprego. Estes encontros complementaranse cun espazo virtual, este blog, no que os usuarios poderán consultar ofertas de emprego e de formación, intercambiar experiencias e coñecer casos de éxito na inserción laboral.
A través dos obradoiros do Club de Emprego preténdese crear un elemento motivador na busca de traballo, así como unha exposición de boas prácticas no ámbito da inserción laboral.