Comeza unha nova rolda de cursos!

Un ano máis, co obxectivo de axudar aos participantes do Programa Integrado de Emprego a conseguir un traballo, FEAFES Galicia leva a cabo unha serie de cursos para mellorar a súa empregabilidade:

Cursos de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Busca de Emprego

Comezarán en Coruña o 21 de xaneiro, en Lugo o 25 de xaneiro, en Santiago e Ourense o 22 de febreiro, e en Vigo o 7 de marzo. O seu obxectivo é que os alumnos adquiran un dominio axeitado das ferramentas que ofrecen as novas tecnoloxías para coñecer as súas funcionalidades, estudar posibles novos usos e enfocalas nun contexto de busca de emprego.

Cursos de Motivación e Técnicas para a Busca de Emprego

Terán lugar en Ourense do 22 de xaneiro ao 5 de febreiro e en Vigo do 1 ao 15 de febreiro. O curso está destinado a aumentar o coñecemento sobre un mesmo e sobre o mercado laboral, así como aprender técnicas para buscar traballo mantendo unha actitude positiva. Os participantes aprenderán tamén a ter unha orientación vocacional axeitada e a obter ferramentas para a busca de emprego.

Curso de Habilidades Sociais e Laborais

Realizarase en Ourense entre o 10 e o 19 de febreiro. Neste obradoiro, os participantes aprenderán a superar as dificultades derivadas da enfermidade para mellorar as súas aptitudes básicas e o seu desenvolvemento persoal, adquirindo así mesmo técnicas e estratexias que faciliten o seu acceso ao mercado laboral.

cursos_integrado2

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s