Como funciona un hipermercado por dentro?

Para dar resposta a esta pregunta, os membros do Club de Emprego de FEAFES Lugo tiveron a oportunidade de visitar a empresa E-Leclerc o pasado 14 de xuño.

Dan man de Luís Castaño, xefe do departamento de Frescos, os visitantes percorreron as distintas seccións deste hipermercado situado no Centro Comercial Abella. Castaño explicou as estratexias de venda que leva a cabo a empresa para incentivar o consumo dos clientes, do mesmo xeito que falou dos procesos de selección de persoal e os factores a ter en conta.

Actualmente, E-Leclerc ten 90 empregados indefinidos e a súa política de empresa ten moi en conta a contratación de traballadores da contorna lucense e o subministro de produtos locais ou rexionais.  Entre os principios da empresa destaca a súa aposta polo emprego estable e de calidade.

IMG-20160616-WA0003   IMG-20160616-WA0002

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s