Os participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, xa comezaron as súas sesións formativas en Lugo para aumentar a súa capacitación de cara á consecución dun posto de traballo.
Fixérono cos obradoiros de habilidades sociais e laborais, a través dos cales se dotan aos participantes dunha serie de destrezas necesarias para desenvolverse adecuadamente nun medio social e laboral normalizado.
Estes obradoiros, que se están a realizar entre o 6 e o 15 de febreiro, desenvólvense de 10h a 14h nas instalacións de FEAFES Lugo (Ronda Fingoi 109 baixo). Constan dun total de 32 horas e nel están a participar 10 usuarios.