Pistoletazo de saída ao Programa de Emprego en Santiago!

O pasado mércores 1 de marzo, en FEAFES Santiago celebrouse a presentación grupal do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental, amosando aos seus participantes as accións que se realizarán neste eido nos vindeiros meses.

Este programa busca aumentar a ocupabilidade e a inserción laboral de persoas con problemas de saúde mental en situación de desemprego, ofrecendo aos participantes unha serie recursos e ferramentas que melloren a súa empregabilidade e as activen laboralmente.

Neste senso, en Santiago de Compostela desenvolverase unha serie de obradoiros como o de Motivación e Entrevistas Laborais ou o de Recursos Web para Búsqueda Activa de Enprego. Así mesmo, realizaranse visitas a empresas, charlas laborais e presentacións de casos de éxito, mantendo sempre titorías de seguimento individualizado con todos os participantes.

img_5681   img_5663

Advertisements