Coñecemos Decathlon por dentro

Un grupo de 7 participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental de Lugo tiveron a oportunidade de coñecer, de primeira man, o funcionamento dunha empresa como Decathlon.

O pasado 8 de marzo visitaron as instalacións desta compañía en Lugo da man do seu xerente, Gorka Díaz Jorge, que foi o encargado de amosarlles a empresa e explicarlles o seu funcionamento.

Grazas a esta actividade, os usuarios de FEAFES Galicia puideron achegarse ao mundo empresarial, coñecer os diferentes postos de traballo e as súas funcións, os procesos selectivos que se levan a cabo en Decathlon e o funcionamento da área de recursos humanos.

IMG-20170310-WA0000 - copia

Advertisement