Aprendemos a manipular alimentos e alérxenos

IMG_3669

No marco do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a causa de Enfermidade Mental, realízanse cursos formativos co obxecto de mellorar a empregabilidade dos seus participantes e facilitar o seu acceso ao mercado de traballo.

Neste senso, 8 demandantes de emprego de FEAFES Vigo estiveron a realizar un Curso de Manipulador de Alimentos e Alérxenos de 4 horas de duración, tras o cal lograron a acreditación que certifica os seus coñecementos nesta materia.

O curso tivo lugar o pasado luns 24 de abril, de 16:00 a 20:00, en colaboración con Radio ECCA (Rúa Velázquez Moreno nº9). Todos os participantes realizaron con éxito o exame final e proximamente recibirán os seus diplomas.

Advertisement