O pasado 26 de abril, tres participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a causa de Enfermidade Mental de Lugo dedicaron a súa xornada a visitar as inatalacións lucenses de Mediamark. Da man de Tatiana Adrio Lage, coñeceron os diferentes postos de traballo e as súas funcións, así como os procesos selectivos que se levan a cabo na empresa e o funcionamento da súa área de recursos humanos.
Pola súa banda, o 3 de maio, foron cinco as persoas que se achegaron ata Kiabi para coñecer esta empresa por dentro. Isabel Ocampo Pena foi a encargada de ensinarlles o seu funcionamento, as distintas funcións que desempeñan os traballadores e como son os procedementos de selección de personal. Grazas a estas visitas, os demandantes de emprego de FEAFES Galicia puideron achegarse un pouquiño máis ao mundo laboral.