Como levar unha alimentación saudable? E unha adecuada xestión económica na casa? Cuestións como estas foron abordadas no obradoiro de xestión da economía doméstica enmarcado dentro do punto formativo do Programa de Inclusión Social.
Este programa, cofinanciado pola Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo, trata de dar resposta á situación pola que atravesan as persoas con problemas de saúde mental en Galicia, atendendo as súas necesidades específicas e facilitando o apoio social necesario para a súa correcta inclusión e reinserción sociolaboral.
A xornada formativo tivo lugar os días 18 e 22 de outubro en Lugo e estivo impartida por Nuria Fernández, Lara López e Patricia Vázquez. O mesmo obradoiro realizouse tamén nas delegacións de Santiago e Ourense, estando prevista a súa próxima celebración en Vigo e A Coruña.