FreshCut vista dende dentro

O pasado luns 28 de agosto, 7 participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental de Vigo visitaron a empresa FreshCut situada no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo.

Durante a hora e media que estiveron alí, os visitantes coñeceron as entrañas da empresa, dende o gran almacén con diferentes cámaras frigoríficas para a conservación dos alimentos ata o obrador onde se preparan os produtos, pasando polo proceso de entrada e saída da mercancía e os diferentes postos de traballo. Ademáis, tamén aprenderon pequenos trucos para a conservación de froita, verduras e hortalizas.

IMG-20170829-WA0002   IMG-20170829-WA0001

Esta visita foi posible grazas á colaboración e implicación de Juan Andonegui, responsable de Recursos Humanos, e de Beatriz Ens, responsable de produción. Ademais, os membros de FEAFES Galicia estiveron acompañados tamén por Eusebio Méndez durante o seu paso polas instalacións da compañía.

FreshCut é unha empresa socialmente comprometida, que fomenta a integración social mediante a inserción laboral de colectivos con dificultades de acceso ao emprego. Neste senso, a empresa conta con máis do 80% de persoal con discapacidade, altamente formado para desempeñar todos os traballos requiridos.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s