O pasado venres 3 de maio, 18 participantes do Programa Integrado para o Emprego EM-PREGATE V, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, participaron nunha charla sobre dereitos e deberes dos traballadores realizada en Lugo.
A sesión foi impartida por María Castro Corredoira, doutora en dereito pola USC e profesora adxunta do grao de Criminoloxía na mesma universidade. Durante as arredor de dúas horas que durou a intervención, María falou sobre a Lei Xeral dos Traballadores, os distintos convenios que existen, os dereitos e deberes básicos que recolle a lexislación, etc.
Todos os participantes amosáronse moi atentos e interesados nesta materia, sobre a cal foron preguntando as súas dúbidas e deron a súa propia opinión sobre determinados temas. Dende Saúde Mental FEAFES Galicia queremos agradecer a María Castro a súa colaboración na ponencia desta charla.