En todas as cidades nas que se desenvolve o Programa Integrado para o Emprego EM-PREGATE V, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, contamos cun punto de encontro presencial no que intercambiamos información, experiencias e impresións sobre o proceso de busca de emprego.
Trátase dos Clubs de Emprego, grupos que se constitúen tamén como un elemento motivador na busca de traballo e unha exposición de boas prácticas sobre a inserción laboral. En Vigo, os encontros do Club de Emprego comezaron o pasado 2 de maio e desenvolveranse ao longo de oito sesión de dúas horas, coa fin de xerar grupo e de dar unha continuidade á procura activa de emprego.
Deste xeito, todos os xoves, os 18 participantes do programa EM-PREGATE V de Vigo, revisan as ofertas de traballo dispoñibles, repasan os conceptos aprendidos durante a formación e adquiren habilidades para a procura de emprego, facendo especial fincapé na entrevista e na presentación persoal.
Coma eles, os participantes do programa das delegacións de Coruña, Santiago, Lugo e Ourense, tamén están a compartir en grupo as súas experiencias no proceso de inserción laboral.