O pasado 5 de xuño, 8 participantes do Programa Integrado de Emprego EM-PRÉGATE V, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, tiveron a oportunidade de visitar as instalacións de Mercadona na Avenida de Santiago en Ourense.
Durante o desenvolvemento da actividade, Mariña Rivas, xerente de relacións externas de Mercadona, deu a coñecer aos visitantes a filosofía empresarial da cadea de supermercados. Salientou o factor humano no que Mercadona centra a súa selección de persoal, suliñando tamén a habilidade e manexo coas novas tecnoloxías como algo necesario.
Asimesmo, Rivas deu a coñecer as distintas fases dos procesos de selección e explicou como o persoal seleccionado é formado para un posto determinado.