No marco do Programa Integrado de Emprego EM-PREGATE V, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, un grupo de 6 participantes de Ourense asistiron a unha charla na que puideron coñecer cales son os principais pasos a dar se queren emprender.
Impartida por Milagros Pérez, técnica do Centro de Iniciativas Empresariais do Concello de Ourense, na sesión deuse a coñecer as principais axudas e subvencións ligadas ao emprendemento hoxe en día, así como os prazos de solicitude. Igualmente, ofreceu un mapa de servizos aos que acudir no caso de traballar por conta propia e facilitoulles ferramentas avaliadoras da capacidade emprendedora dos e das participantes.