Presentación grupal do Programa Integrado de Emprego

Ao longo do mes de xaneiro, as distintas delegacións de Saúde Mental FEAFES Galicia nas que se desenvolve o Programa Integrado de Emprego de FEAFES 2019/20 (A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo), realizaron unha presentación grupal do programa explicando ás persoas participantes as accións a realizar durante a posta en marcha do mesmo.

Deste xeito, as 100 persoas que durante os vindeiros meses participarán neste programa, coñeceron os obxectivos do mesmo, a súa duración, as visitas que se realizarán, as charlas previstas e as obrigas que teñen como participantes.

Nos encontros presentouse un resumo das accións previstas e do seu cronograma, do mesmo xeito que se resolveron as dúbidas plantexadas polos participantes. Esta primeira acción de grupo tamén serviu para comezar a traballar a cohesión grupal e a presentación das persoas participantes en cada cidade.

Advertisement

15 persoas fórmanse nun certificado de profesionalidade en Vigo

certificado_profesionalidad_vigo_integrado

Onte, 20 de xaneiro, un grupo de 15 persoas participantes no Programa Integrado de Emprego FEAFES 2019/20 comezaron unha acción formativa en Vigo que consiste na impartición do Certificado de Profesionalidade “SSCM0108 – Limpeza de Superficies e Mobiliario en edificios e locais”. Dito curso terá unha duración de 3 meses e rematará o 24 de abril.

Con esta formación preténdese que as persoas participantes adquiran as competencias necesarias para desempeñar tarefas de limpeza en edificios, especialidade enmarcada na área de servizos socioculturais e da comunidade. A formación asociada a este certificado ten un carácter moi práctico, concluíndo cun módulo de prácticas de 80 horas de duración.

O Programa Integrado de Emprego FEAFES 2019/20, financiado pola Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal, busca mellorar a empregabilidade e aumentar as posibilidades de acceso ao mercado laboral das persoas participantes, co obxectivo de que a lo menos o 36% delas logren acceder a un emprego.

Actualmente estase a desenvolver nas delegacións de Saúde Mental FEAFES Galicia en A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo, contando cun total de 100 participantes. Entre as accións que se levan a cabo dentro do programa, realízanse itinerarios personalizados de inserción e diversos obradoiros formativos, ademais de actividades transversais durante todo o proceso como técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego.

COASA, unha empresa de compoñentes aeronáuticos

20190628_135940

COASA é unha empresa que fabrica compoñentes aeronáuticos a través dun proceso minucioso e altamente cualificado a nivel tecnolóxico. Por iso, coñecer o seu funcionamento interno e os detalles da súa cadea de producción, resultou de gran interese para os participantes do Programa Integrado de Emprego EM-PREGATE V de Ourense.

O pasado 28 de xullo, seis deles tiveron a oportunidade de visitar esta compañía, descubrindo de primeira man o seu sistema de produción, os distintos postos de traballo que hai ao longo do proceso e as funcións a desempeñar por parte de cada perfil. Para iso, os pasticipantes do Programa Integrado de Emprego EM-PREGATE V estiveron acompañados polo persoal do departamento de Recursos Humanos e por algúns enxeñeiros da planta, quenes acompañaron aos visitantes a coñecer as instalacións e a maneira de facer da empresa.

Charla sobre emprendemento

No marco do Programa Integrado de Emprego EM-PREGATE V, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, un grupo de 6 participantes de Ourense asistiron a unha charla na que puideron coñecer cales son os principais pasos a dar se queren emprender.

Impartida por Milagros Pérez, técnica do Centro de Iniciativas Empresariais do Concello de Ourense, na sesión deuse a coñecer as principais axudas e subvencións ligadas ao emprendemento hoxe en día, así como os prazos de solicitude. Igualmente, ofreceu un mapa de servizos aos que acudir no caso de traballar por conta propia e facilitoulles ferramentas avaliadoras da capacidade emprendedora dos e das participantes.

Coñecemos Mercadona dende dentro

O pasado 5 de xuño, 8 participantes do Programa Integrado de Emprego EM-PRÉGATE V, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, tiveron a oportunidade de visitar as instalacións de Mercadona na Avenida de Santiago en Ourense.

Durante o desenvolvemento da actividade, Mariña Rivas, xerente de relacións externas de Mercadona, deu a coñecer aos visitantes a filosofía empresarial da cadea de supermercados. Salientou o factor humano no que Mercadona centra a súa selección de persoal, suliñando tamén a habilidade e manexo coas novas tecnoloxías como algo necesario.

Asimesmo, Rivas deu a coñecer as distintas fases dos procesos de selección e explicou como o persoal seleccionado é formado para un posto determinado.

Charlamos cunha responsable de Recursos Humanos

O pasado 23 de maio, os membrosdo Club de Emprego de Ourense, pertencente ao Programa Integrado de Emprego EM-PRGATE V, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, estiveron a conversar con Judit Garrós, cofundadora de Galejobs.

Durante esta sesión, Garrós guiou aos membros do Club de Emprego no autocoñecemento das súas habilidades laborais e explicoulles como comunicar isto a un posible empregador ou empregadora a través da entrevista de traballo e do propio Currículo Vitae. A cofundadora de Galejobs ofreceulles tamén unha visión realista e actualizada do proceso de selección de persoal dende o punto de vista dunha responsable de Recursos Humanos cunha ampla experiencia na materia.

20190523_103444.jpg

Así traballa o Club de Emprego de Ourense

IMG_20190513_112036 - copia.jpg

O Club de Emprego é un espazo flexible e aberto que facilita a implicación dos usuarios na busca activa de emprego, dotándoos dos medios técnicos e humanos precisos para que a súa procura sexa máis eficaz.

Isto é o que estiveron a facer os participantes ourensáns do Programa Integrado de Emprego EM-PRÉGATE V, financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Entre o 24 de abril e o 13 de maio, o grupo realizou unha serie de encontros coa fin de intercambiar experiencias e dar continuidade aos contidos aprendidos durante as sesións teóricas.

Durante o desenvolvemento da actividade, tratouse de implicar ás persoas usuarias na súa propia busca de emprego promovendo o establecemento dunha rutina. Así, buscan ofertas acordes aos seus perfís e fan intercambio das mesmas, ademais de rexistrarse en diferentes portais de emprego en función dos seus intereses e obxectivos profesionais. O Club de Emprego tamén incluiu un pequeno obradoiro de mobilidade laboral e a exposición dun caso persoal exitoso.