Os Clubs de Emprego de FEAFES Galicia pretenden crear un espazo que facilite a implicación dos usuarios na busca activa de emprego, dotándoos dos medios técnicos e humanos precisos para que a súa procura sexa máis eficaz.
Neste senso, os nove membros do Club de Emprego de FEAFES en Santiago xa levan feitas cinco sesións nas que tiveron a oportunidade de actualizar os seus Currículos Vitae, descubrir novos portais web para buscar traballo, coñecer os servizos e recursos da comunidade en materia de emprego e intercambiar ofertas entre os participantes.
O pasado xoves 12 de maio, tiveron a oportunidade de realizar simulacións de entrevistas de traballo onde puxeron en práctica os coñecementos adquiridos durante as sesións anteriores. A actividade tivo lugar de 9h a 11h no Centro Sociocultural O Ensanche e contou coa colaboración de Jesús Cudeiro, o compañeiro que está a realizar as prácticas de psicoloxía en FEAFES Santiago.