Visita ás instalacións de Eroski

O 31 de marzo, un grupo de 7 participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Servizo Público de Emprego, realizaron unha visita ás instalacións de Vegalsa Eroski no parque de Vioño para coñecer como funciona esta empresa por dentro.

Tratouse dunha actividade conxunta co Fogar Sor Eusebia da Coruña que comezou cunha charla de Recursos Humanos sobre a historia e actualidade da cadea de supermercados. A continuación, os visitantes percorreron distintas seccións da superficie nas que lles foron falando de hábitos de vida saudable e facendo demostracións do traballo de cada posto: limpeza de peixe, material de protección en carnicería, etc.

A través destas dúas horas de visita, os participantes puideron mellorar o seu coñecemento sobre o mercado laboral actual e a súa empregabilidade, observando como funciona un supermercado de grande superficie, cales son os principais postos de traballo e as súas características e descubrindo qué cuestións se valoran nos procesos de selección de recursos humanos.

DSC_0132

Advertisements