Aprendemos sobre os dereitos e os deberes dos traballadores

O pasado 23 de marzo, os participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental de FEAFES Ourense recibiron a visita dun traballador da CIG que lles introduciu un tema de gran interese: os dereitos e deberes que teñen os traballadores. Cuestións como que é un convenio colectivo ou como se formaliza e extingue un contrato de traballo, foron algunhas das cuestións abordadas durante este encontro, temas de interese para os participantes do Programa de Emprego que están a coñecer, cada vez mellor, como funciona o mundo laboral.

Fotos Charla laboral dereitos e deberes dos traballadores (2)

Pola súa banda, catro demandantes de emprego de FEAFES Lugo formábanse sobre os mesmos temas o 4 de abril da man de Mar Pérez Vega, avogada de UGT Lugo. Nun coloquio sobre dereitos laborais, os participantes lucenses do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental aprenderon sobre prestacións, axudas económicas, subsidios ou incapacidades laborais, ademais de falar dos dereitos e deberes do traballador, a reforma laboral e distintos tipos de contratos.

IMG-20170405-WA0003

En Vigo, esta charla tivo lugar o 11 de maio en Radio ECCA. Impartida por Jorge Alonso, un total de 6 participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental resolveron diferentes dúbidas acerca dos dereitos básicos das persoas traballadoras: salario, xornada laboral, permisos, despidos, extinción de contratos, etc.

IMG_3954 - copia

Advertisement