Afrontar con éxito a busca de emprego

Motivación y entrevistas laborales Lanzadeira Santiago 04-17 (2)As accións formativas levadas a cabo no marco do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, están dirixidas a mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego a través da posta en marcha de proxectos integrais.

Parte desta formación céntrase en aumentar e manter a motivación así como en aprender a afrontar entrevistas laborais, para o cal os participantes do programa estiveron a realizar obradoiros específicos a o longo do mes de abril. En Ourense tiveron lugar entre o 28 de marzo e o 25 de abril, mentres que en Santiago realizáronse do 6 ao 11 de abril na EGAP.

DSC_0020

No caso dos participantes de Ourense, estes obradoiros foron completados cunha charla impartida por María Hermo, responsable e fundadora de Galejobs.com. Neste coloquio, que tivo lugar o 24 de abril, presentáronse as claves para afrontar con éxito o proceso de selección dun traballo, vistas dende o punto de vista dunha profesional dos recursos humanos.

 

Advertisement