O pasado 9 de agosto, os participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental de Vigo tiveron a oportunidade de coñecer dende dentro a empresa Decatlon, situada no Parque Comercial Meixueiro.
Esta visita realizouse a través da colaboración de Tania Martínez, responsable do Departamento de Administración de Persoal, e de Gerard Cabré, director da tenda. Durante o encontro, Gerard e outros tres compañeiros explicaron o proceso de selección de persoal, os valores que buscan nos traballadores, en que consisten os distintos postos de traballo e que funcións se desempeñan neles, etc.
Grazas a esta visita, os demandantes de emprego puideron coñecer un pouquiño mellor a xestión de recursos humanos dunha gran empresa como Decathlon.