Visita a Correos

Esta semana, os membros do Club de Emprego de FEAFES Santiago realizaron unha visita ás instalacións de Correos, onde tiveron a oportunidade de falar cos empresarios, coñecer o funcionamento do Departamento de Recursos Humanos e ver as oficinas nas que se desenvolve o traballo da empresa. Foi unha visita moi interesante que permitiu achegarnos un pouquiño máis á realidade dunha empresa, velaquí algunha das fotos que fixemos!

IMG_0846

IMG_0858

IMG_0855

 

Última sesión do Club de Emprego de Santiago

imageEsta semana, os participantes do Club de Emprego de Santiago deron por concluídas as súas reunións, quedando pendente tan só a visita grupal a unha empresa.  Con isto, damos por finalizado o Programa Integrado de Emprego EM-Prégate 2013 na delegación compostelana de FEAFES Galicia.

Como de costume, os participantes do Club compartiron cos seus compañeiros as distintas ofertas de emprego das que tiñan coñecemento e consultaron o boletín de ofertas da Axencia Local de Colocación. A continuación, realizaron unha dinámica para avaliar o traballo realizado polo Club de Emprego durante este tempo, para o cal dividíronse en distintas mesas de traballo e trataron de respostar as seguintes preguntas:

  • Que vos aportou o traballo en grupo?
  • Que conseguiches grazas ós encontros que tivemos?
  • Que habilidades novas tes agora que antes non tiñas?
  • Que conseguiches ou imaxinas conseguir para que pagase a pena estar aquí?
  • Di algo bonito que che fixo sorrir durante os obradoiros

IMG_0825Despois de traballar estas preguntas por grupos, os participantes comentaron en alto as apreciacións comúns e expuxeron as súas sensacións sobre as sesións realizadas ó longo do curso. A continuación, fixeron gala da súa creatividade elaborando un slogan que representase todas as ideas: “Volver a sentirnos integrados e parte de algo”.

A sesión rematou recordando que aínda que as reunións grupais do Club de Emprego chegan á súa fin, o espírito de grupo pode continuar, e os seus membros poden manterse en contacto para axudarse mutuamente no camiño cara a consecución dun emprego. Os participantes propuxeron ideas de cousas que poden facer xuntos e intercambiaron os seus números de teléfono para manterse en contacto.

Visita á Coca-Cola

Proximamente, os participantes do Programa Integrado de Emprego de A Coruña terán a oportunidade de coñecer dende dentro como funciona Coca-Cola grazas a unha visita guiada pola fábrica que ten a empresa na Coruña.

Na visita, con data pendente de confirmación, os usuarios de FEAFES serán guiados polas instalacións, recibindo despois unha charla formativa impartida polo Departamento de Recursos Humanos.

Begano_SA_coca_cola_A_Coruña

Conferencia laboral en FEAFES Coruña

?????O pasado 2 de xuño, a delegación coruñesa de FEAFES Galicia acolleu unha conferencia laboral impartida por Luis Baneira, Diplomado en Xestión Pública pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente é Secretario de Política Sindical, Estudos e Programas na Comisión Executiva Nacional de FSP-UGT Galicia.

Na charla, de dúas horas de duración e dirixida ós participantes do Programa Integrado de Emprego EM-Prégate, abordáronse temas relacionados coa Lei de Estatutos dos Traballadores: contratos, dereitos e deberes dos traballadores, convenios colectivos… Foi una conferencia moi produtiva na que aprendimos moitas cousas novas!

Charlas sobre RRHH en Lugo

O xoves 22 de maio, catro participantes do Plan Integrado de Lugo asistiron, xunto a outros seis compañeiros de FEAFES, a unha charla de RRHH que tivo lugar nas instalacións da empresa Alcia Servicios (Rúa San Roque nº 85). Nesta intervención abordáronse temas tales como o tipo de entrevistas que realiza a empresa, qué é o que máis valora á hora de contratar a un ou outro candidato, cal é o perfil desexado, etc.

Ademais, ese mesmo día pola tarde, os integrantes do Club de Emprego de Lugo participaron noutra charla sobre RRHH impartida por unha profesional da empresa Limpezas Novoa, na que puideron formular preguntas e resolver dúbidas acerca do antes, durante e despois dunha entrevista laboral.

Alcia 2      Novoa

Unha interesante visita a Decathlon Lugo

IMG_1974O xoves 15 de maio, sete usuarios de FEAFES Lugo, dos cales 5 pertencen ó Programa Integrado de Emprego EM-Prégate, acudiron ás instalacións de Decatlhon para recibir unha charla sobre recursos humanos. Nela, a responsable de Auga, Saúde e Roller, Elena González, falou sobre o nacemento e a actividade que desenvolve a empresa, o perfil dos seus empregados, o tipo de entrevistas laborais que realizan, etc.

Resultou unha charla moi entretida e participativa, na que mesmo houbo un xogo de rol onde os participantes tiveron que enfrontarse a unha entrevista de traballo.

A continuación, a empresa organizou unha visita guiada polas súas instalacións durante a cal os visitantes puideron falar con cada un dos traballadores e preguntarlles acerca do seu posto e o seu perfil. Cabe destacar que FEAFES Galicia conta cun usuario traballando nas instalacións de Decatlon en Lugo realizando tarefas de vendedor.

IMG_1988    IMG_1987