Definindo a nosa orientación laboral en Vigo

MTBE Integrado Vigo 02-16  (1)

Durante a primeira quincena de febreiro, os membros do Club de Emprego de FEAFES Vigo estiveron a formarse durante 11 días nun curso de Motivación e Técnicas para a Busca de Emprego.

Nestas xornasdas, os usuarios puideron coñecer a situación do mercado de traballo e as características do emprego que busca cada participante, as competencias profesionais e persoais que precisan ter para acceder a ese traballo e as técnicas e recursos dos que dispón para logralo. Así, cada participante tivo a ocasión de elaborar un proxecto profesional e persoal para a propia inserción laboral.

A través de accións coma esta, o Programa Integrado de Emprego Em-Prégate pretende favorecer a integración sociolaboral das persoas con enfermidade mental mediante o deseño de itinerarios individualizados para cada unha delas.

Formándonos en competencias profesionais

O pasado 29 de xaneiro, os participantes do Programa Integrado de Emprego “Em-Prégate” de FEAFES Lugo estiveron a formarse sobre competencias profesionais e certificados de profesionalidade nunha charla-coloquio impartida pola nosa compañeira Miriam; non queremos deixar de aprender!

12658019_1073281612692332_8811761066136970234_o

Comeza unha nova rolda de cursos!

Un ano máis, co obxectivo de axudar aos participantes do Programa Integrado de Emprego a conseguir un traballo, FEAFES Galicia leva a cabo unha serie de cursos para mellorar a súa empregabilidade:

Cursos de Novas Tecnoloxías Aplicadas á Busca de Emprego

Comezarán en Coruña o 21 de xaneiro, en Lugo o 25 de xaneiro, en Santiago e Ourense o 22 de febreiro, e en Vigo o 7 de marzo. O seu obxectivo é que os alumnos adquiran un dominio axeitado das ferramentas que ofrecen as novas tecnoloxías para coñecer as súas funcionalidades, estudar posibles novos usos e enfocalas nun contexto de busca de emprego.

Cursos de Motivación e Técnicas para a Busca de Emprego

Terán lugar en Ourense do 22 de xaneiro ao 5 de febreiro e en Vigo do 1 ao 15 de febreiro. O curso está destinado a aumentar o coñecemento sobre un mesmo e sobre o mercado laboral, así como aprender técnicas para buscar traballo mantendo unha actitude positiva. Os participantes aprenderán tamén a ter unha orientación vocacional axeitada e a obter ferramentas para a busca de emprego.

Curso de Habilidades Sociais e Laborais

Realizarase en Ourense entre o 10 e o 19 de febreiro. Neste obradoiro, os participantes aprenderán a superar as dificultades derivadas da enfermidade para mellorar as súas aptitudes básicas e o seu desenvolvemento persoal, adquirindo así mesmo técnicas e estratexias que faciliten o seu acceso ao mercado laboral.

cursos_integrado2

Visitamos Ilunion en Santiago

IMG_6459Esta semana, os membros do Club de Emprego de FEAFES Santiago realizaron una visita ás instalacións da empresa de lavandería Ilunion – Flisa no marco do Programa Integrado de Emprego: Emprégate II 2014-2015.

En primeiro lugar, o director da empresa en Galicia, Rafael Pichel, fixo unha pequena introdución sobre qué é e en qué consiste Ilunion, e a continuación os usuarios tiveron a oportunidade de coñecer os métodos e procesos de selección de persoal que ten esta empresa de economía social da man da responsable de Recursos Humanos, Mª Jesús Castro.

IMG_6447A continuación, os membros do Club de Emprego fixeron un percorrido poñas instalacións para ver en directo o proceso polo que pasan as prendas dende que chegan á planta ata que se entregan de volta ós clientes. Isto inclúe a recepción de roupa sucia, a súa clasificación, o paso polas lavadoras e o túnel de lavado, o planchado e o posterior embalaxe para devolvelas limpas ós seus lugares de orixe.

Durante todo este percorrido, os visitantes estiveron acompañados por Rafael Pichel, que se encargou de guiar a visita e de explicar todo o proceso, así como de responder moi amablemente a todas as preguntas dos visitantes.

A Fundación CEL ábrenos as súas portas

IMG-20150410-WA0037Este xoves, os membros do Club de Emprego de FEAFES Lugo visitaron o viveiro de empresas da Fundación CEL coa fin de coñecer de primeira man como funciona dende dentro un proxecto deste tipo.

Os responsables da Fundación recibíronnos coas mans abertas e guiáronnos durante unha visita polas instalacións, grazas á cal puidemos coñecer como comezou a iniciativa e cal é o seu xeito de traballar.

visita lugoA continuación escoitamos a Hugo Iglesias, emprendedor que montou a axencia de viaxes online Miramar Cruises especializada na venda de cruceiros e que conta tamén cunha rede social para cruceiristas pioneira en toda Europa. Este proxecto forma parte da Fundación CEL dende fai tres anos e o ano pasado foi recoñecida por FEGAXE como mellor proxecto emprendedor de Galicia.

Para nós foi un pracer visitar a Fundación CEL e falar coa xente que a conforma, moitas grazas pola boa acollida e deica a próxima!

Coñecemos Toys‘Rus dende dentro

O pasado día 10 de marzo, un grupo de cinco membros do Club de Emprego de FEAFES Vigo tiveron a oportunidade de visitar as instalacións da empresa de xoguetes Toys’Rus. Alí, o xerente da tenda viguesa recibiu ós nosos usuarios e os acompañou durante a visita, explicándolles o funcionamento da tenda e as características de cada departamento.

Os participantes amosaron moito interese e realizaron varias preguntas durante o transcurso da xornada, as cales foron respondidas polo xerente para aclarar as dúbidas dos visitantes. A actividade durou unha hora e media durante a cal os usuarios de FEAFES Vigo puideron aprender e descubrir como funciona por dentro esta gran empresa de venda de xoguetes.

visita Toys (1)    visita Toys (2)

FEAFES Lugo visita a tenda de Kiabi

IMG-20150309-WA0002Oito demandantes de emprego de FEAFES Lugo tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo que se realiza en Kiabi, unha empresa dedicada á venda de roupa, calzado e complementos para toda a familia. A visita pola tenda lucense comezou ás 9h, antes de que as instalacións abrisen ó público, e os usuarios foron recibidos pola responsable da tenda e pola directora de Kiabi Lugo.

En primeiro lugar, fixéronlles unha presentación sobre a compañía explicando os seus valores, o funcionamento da empresa, a competitividade no mercado, as tendas… e a continuación explicáronlles como elaborar un Currículo Vitae co perfil axeitado para os postos de traballo que ofertan alí.  A formación rematou cunha serie de pinceladas sobre como enfrontarse a unha entrevista de traballo e como elaborar unha carta de presentación, información moi útil para os demandantes de emprego.

Para rematar a visita con bo sabor de boca, Kiabi convidou ós compañeiros de FEAFES Lugo a un rico almorzo no que houbo café, zumes, galletas, bollería… foi unha visita moi produtiva e saborosa!