Visita ás instalacións de Eroski

O 31 de marzo, un grupo de 7 participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e o Servizo Público de Emprego, realizaron unha visita ás instalacións de Vegalsa Eroski no parque de Vioño para coñecer como funciona esta empresa por dentro.

Tratouse dunha actividade conxunta co Fogar Sor Eusebia da Coruña que comezou cunha charla de Recursos Humanos sobre a historia e actualidade da cadea de supermercados. A continuación, os visitantes percorreron distintas seccións da superficie nas que lles foron falando de hábitos de vida saudable e facendo demostracións do traballo de cada posto: limpeza de peixe, material de protección en carnicería, etc.

A través destas dúas horas de visita, os participantes puideron mellorar o seu coñecemento sobre o mercado laboral actual e a súa empregabilidade, observando como funciona un supermercado de grande superficie, cales son os principais postos de traballo e as súas características e descubrindo qué cuestións se valoran nos procesos de selección de recursos humanos.

DSC_0132

Coñecemos Decathlon por dentro

Un grupo de 7 participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental de Lugo tiveron a oportunidade de coñecer, de primeira man, o funcionamento dunha empresa como Decathlon.

O pasado 8 de marzo visitaron as instalacións desta compañía en Lugo da man do seu xerente, Gorka Díaz Jorge, que foi o encargado de amosarlles a empresa e explicarlles o seu funcionamento.

Grazas a esta actividade, os usuarios de FEAFES Galicia puideron achegarse ao mundo empresarial, coñecer os diferentes postos de traballo e as súas funcións, os procesos selectivos que se levan a cabo en Decathlon e o funcionamento da área de recursos humanos.

IMG-20170310-WA0000 - copia

Pistoletazo de saída ao Programa de Emprego en Santiago!

O pasado mércores 1 de marzo, en FEAFES Santiago celebrouse a presentación grupal do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental, amosando aos seus participantes as accións que se realizarán neste eido nos vindeiros meses.

Este programa busca aumentar a ocupabilidade e a inserción laboral de persoas con problemas de saúde mental en situación de desemprego, ofrecendo aos participantes unha serie recursos e ferramentas que melloren a súa empregabilidade e as activen laboralmente.

Neste senso, en Santiago de Compostela desenvolverase unha serie de obradoiros como o de Motivación e Entrevistas Laborais ou o de Recursos Web para Búsqueda Activa de Enprego. Así mesmo, realizaranse visitas a empresas, charlas laborais e presentacións de casos de éxito, mantendo sempre titorías de seguimento individualizado con todos os participantes.

img_5681   img_5663

O smartphone e a tablet: ferramentas para a busca de emprego

img-20170302-wa0007

Durante tres días, do 1 ao 3 de marzo, os participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental de Lugo están a realizar un obradoiro de Busca Activa de Emprego a través de Smartphone/Tablet.

Neste curso, que se desenvolve en horario de 10:00 a 14:00 horas, os alumnos aprenden a utilizar diversas apps de emprego que engloban todos os sectores (Infojobs, Indeed, Trovit…) ou de sectores máis específicos (Turijobs, Jobandtalent, Jobtoday…).

Igualmente, están a coñecer a utilidade de determinadas redes sociais e espazos da nube para a búsqueda de emprego, prestando atención á importancia da pegada dixital, achegándose ao concepto de xeolocalización e aprendendo a utilizar os códigos QR.

 

Prácticas en empresas

coruna-3Os participantes do Programa de Inclusión Social, cofinanciado pola Consellería de Política Social e o Fondo Social Europeo, están a realizar prácticas en diversas empresas para coñecer de primeira man os requerimentos dun posto de traballo específico.

Concretamente, dúas usuarias de FEAFES Coruña estiveron na residencia da terceira idade SARquavitae de Matogrande, onde demostraron grandes competencias laborais e recibiron unha avaliación moi positiva por parte da súa titora e das súas compañeiras. En FEAFES Lugo, pola súa banda, unha usuaria está a realizar prácticas en Limpiezas San Froilán, mentres outro as fai como administrativo na empresa Allentum.

As prácticas non laborais permiten promover e completar a formación e a experiencia laboral dos demandantes de emprego en aquelas áreas que poidan facilitar a súa futura incorporación ó mercado laboral. Igualmente, tamén permiten que as empresas e os empregadores coñezan máis de cerca a enfermidade mental e adquiran unha imaxe axeitada e normalizada sobre a mesma, ademais de coñecer as competencias destes potenciais traballadores nun posto concreto.

lugo-1

Novas tecnoloxías en Lugo

img_20170224_111649

Os participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, tiveron un achegamento ás novas tecnoloxías aplicadas á busca activa de emprego nuns obradoiros realizados en Lugo.

Nestes talleres, que se desenvolveron do 20 ao 24 de febreiro de 10h a 14h, os alumnos puideron adquirir un dominio axeitado das ferramentas que nos ofrecen as novas tecnoloxías para coñecer as súas funcionalidades, estudar novos usos e enfocalas dentro dun contexto de busca de emprego. Estes obradoiros contaron cun total de 20 horas lectivas e se realizaron na aula CeMIT de Lugo.

Comezamos o camiño cara o emprego!

Os participantes do Programa de Emprego para Persoas con Discapacidade a Causa de Enfermidade Mental, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, xa comezaron as súas sesións formativas en Lugo para aumentar a súa capacitación de cara á consecución dun posto de traballo.

Fixérono cos obradoiros de habilidades sociais e laborais, a través dos cales se dotan aos participantes dunha serie de destrezas necesarias para desenvolverse adecuadamente nun medio social e laboral normalizado.

Estes obradoiros, que se están a realizar entre o 6 e o 15 de febreiro, desenvólvense de 10h a 14h nas instalacións de FEAFES Lugo (Ronda Fingoi 109 baixo). Constan dun total de 32 horas e nel están a participar 10 usuarios.

curso-habilidades-laborais-lanzadeira-lugo