Comeza a busca de emprego!

A partir de febreiro, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acollerá os mércores de 12h a 14h os obradoiros do Club de Emprego de FEAFES Santiago orientados á busca dun traballo.

image2Nestes talleres crearase un punto de encontro presencial que terá como obxectivo intercambiar información, experiencias e impresións entre os participantes, así como ampliar as súas habilidades relativas á busca de emprego. Estes encontros complementaranse cun espazo virtual, este blog, no que os usuarios poderán consultar ofertas de emprego e de formación, intercambiar experiencias e coñecer casos de éxito na inserción laboral.

A través dos obradoiros do Club de Emprego preténdese crear un elemento motivador na busca de traballo, así como unha exposición de boas prácticas no ámbito da inserción laboral.

TICs aplicadas á busca de emprego

No marco do Programa Integrado de Emprego EM-Prégate, cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar e que ten como obxectivo facilitar a inserción laboral de persoas con enfermidade mental, FEAFES Galicia desenvolve unha serie de obradoiros para que os seus usuarios aprendan a empregar as novas tecnoloxías na busca de emprego.

intalacionesegapNa delegación de Santiago, estes obradoiros realizaranse durante os días 21, 23, 28 e 30 de xaneiro de 10h a 12h. Preto de 15 usuarios desprazaranse ata a EGAP (Escola Galega de Administración Pública) para achegarse ó coñecemento das TICs e poder espremer ó máximo as súas potencialidades á hora de buscar un traballo.

tic-empresa-300x197Nunha primeira sesión, os membros do Club de Emprego de Santiago aprenderán a utilizar ferramentas como Google e Gmail, creando unha conta de correo electrónico e probando a enviar un CV a través dela. Nas vindeiras sesións familiarizaranse co portal de busca de emprego Infojobs e coa rede social Linkedin, coa fin de que coñezan os recursos que existen na rede para a busca de emprego.

Finalmente, traballarán outros recursos en liña como os simuladores de entrevistas, ferramentas que lles permitirán participar nun proceso de selección de traballo simulado aportando ideas, claves e técnicas para enfrontarse con éxito a un proceso real.

Visita á Refinería Repsol

O Club de Emprego de Coruña quixo coñecer de cerca o funcionamento dunha gran empresa, e así foi como se achegou nin máis nin menos que á Refinería Repsol. Alí visitaron as súas instalacións e puideron ver a actividade diaria da empresa da man de profesionais que lles explicaron o seu traballo.

Na Refinería Repsol de A Coruña transfórmase o petróleo en produtos elaborados que se empregan no día a día das persoas: combustibles, componentes para a fabricación de plásticos, enerxía eléctrica, deribados como o azufre ou o asfalto… unha visita moi interesante!

20141209_121830     20141209_114730

Nova rolda de talleres en Santiago

As últimas semanas celebráronse en Santiago de Compostela unha serie de talleres no marco do Programa Integrado de Emprego EM-Prégate coa fin de achegar ós participantes ferramentas e coñecementos para mellorar o seu acceso ó mercado laboral.

Integrado Santiago BAE 2014 (4)     Integrado Santiago HSL 2014 (5)

O primeiro obradoiro, chamado “Motivación e Técnicas para a Busca Activa de Emprego”, tivo lugar do 13 ó 27 de outubro en horario de 10:00 a 14:00. Nel, os participantes puideron aumentar o coñecemento sobre si mesmos e sobre o mercado laboral, ter unha orientación vocacional axeitada, aprender técnicas para buscar traballo e obter ferramentas para facilitar este proceso.

Integrado Santiago BAE 2014 (5)O segundo dos obradoiros, que leva por nome “Habilidades Sociais e Laborais”, tivo lugar do 3 ó 14 de novembro  e nel traballouse o concepto de asertividade e se facilitaron estratexias de resolución de conflitos, toma de decisións e consenso. Nestes talleres, os participantes tamén coñeceron novas estratexias para iniciar, manter e finalizar conversacións, para afrontar a hostilidade, facer e recibir críticas… en definitiva, traballaron a regulación emocional no ámbito social e laboral mediante distintas estratexias.

Coma sempre, os contidos se impartiron de forma moi práctica e os usuarios foron moi participativos e dinámicos, facendo destes obradoiros un espazo de intercambio de impresións nun ambiente cómodo e enriquecedor.

Comezan os obradoiros do Club de Emprego de FEAFES Lugo

O mércores 3 de decembro realizouse, en horario de 10:00 a 12:00, o primeiro dos sete cursos que o Club de Emprego de FEAFES Lugo realizará no Centro de Empresas e Innovación (CEI-Nodus). O obxectivo destes obradoiros é aumentar as posibilidades que teñen as persoas con enfermidade mental de acceder a un posto de traballo coa fin de incrementar a inserción laboral dos demandantes de emprego que participan no programa.

Entre as accións formativas que se están a realizar no CEI-Nodus atópanse talleres de motivación e técnicas para a busca activa de emprego, obradoiros de habilidades para o mantemento do posto de traballo e talleres de novas tecnoloxías aplicadas á busca de emprego.

Tras a sesión inicial deste mércores, haberá outros seis cursos que se desenvolverán os días 10 e 17 de decembro, e 07, 14, 21 e 28 de xaneiro, das que se beneficiarán un total de nove persoas con enfermidade mental.

Satellite

Alfabetización informática en Vigo

O 22 de outubro iniciouse en Vigo un curso de 60 horas de “Alfabetización Informática” no marco do Programa Integrado de Emprego 2014, que se desenvolverá ata o 11 de novembro na Aula Estudio.

Con este curso búscase que os alumnos adquiran os coñecementos necesarios para empregar as funcións básicas dun ordenador, diferenciando os seus sistemas operativos para emprender tarefas sinxelas de procesamento e obtención da información. Ademais, os alumnos coñecerán as principais aplicacións que compoñen o Paquete Office e adquirirán coñecementos sobre a Internet, o correo electrónico e o emprego de redes sociais.

Integrado Vigo 10-14 (1)

Saen á luz os primeiros Vídeo Cvs!

video cv jose manualÓ longo dos últimos meses, os membros dos distintos Clubs de Emprego de FEAFES Galicia estiveron a aprender diversas técnicas para facilitar a consecución dun traballo, compartindo experiencias relacionadas coa procura de emprego e adquirindo habilidades para desenvolverse mellor no mundo laboral.

video cv marcosEntre os obradoiros que fixeron, estivo a realización dun Vídeo Cv coa fin de adaptarse ás novas tecnoloxías e ó novo contexto de contratación laboral, no que o mercado é cada vez máis esixente e os demandantes de emprego deben aprender diferenciarse do resto demostrando a súa valía e creatividade.

Para elaborar os seus Vídeo Cvs, os participantes realizaron primeiro unha fase previa de revisión, análise e valoración do seu percorrido académico, laboral e formativo, ademais de analizar as súas cualidades persoais e definir os seus obxectivos laborais. A continuación, elaboraron o guión do que sería o seu Vídeo Cv e, unha vez ensaiado, enfrontáronse á cámara.

Se queres visualizar os Vídeo Cvs dos membros do Club de Emprego, podes entrar no apartado Vídeos deste blog ou visitar a canle de Youtube de FEAFES Galicia.